Supervised projects |
A7 A8 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C2 C9 C12 C16 C18 |
Computará a adecuación ás pautas marcadas (contido e presentación), a aplicación dos coñecementos adquiridos, a coherencia entre a proposta e o seu desenvolvemento, as iniciativas, a resolución de problemas, fontes e bibliografía utilizada, e a entrega do traballo no prazo establecido.
Realizarase unha presentación oral do traballo que tamén se terá en conta na avaliación. |
50 |
Case study |
A2 A3 A4 A5 A8 B2 B4 C1 C2 |
Valoración da resolución, claridade expositiva e presentación dos casos. |
30 |
Guest lecture / keynote speech |
A1 A6 A7 B2 C3 C4 C5 C7 |
Participación e achegas de interese por parte dos estudantes, así como a resolución e entrega des exercicios curtos que se propoñan na presentación dos diferentes temas. |
10 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para aprobar a materia é obligatorio: - Obter unha nota mínima gobal de 5 (sobre 10).
- Unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nos traballos tutelados.
- A presentación de todos os estudos de casos e as lecturas.
De non obter a nota mínima nos traballos tutelados ou de non presentar os estudos de casos e as lecturas, a notá máxima global da materia non será superior a un 4,9.
Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación de cada unha das partes farase da seguinte forma: - Traballos tutelados (50% da nota final): realización e presentación nas mesmas condicións que na primeira oportunidade.
- Proba escrita teórica e práctica (50% da nota final): para recuperar a nota dos estudos de casos, as lecturas e as sesións maxistrais.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Os/as estudantes con nota inferior a 2 nos traballos tutelados na primeira oportunidade deberán recuperalos obligatoriamente na segunda oportunidade para aprobar a materia.
- Para aprobar a materia é obligatorio obter unha nota mínima de 2 sobre 5 no traballo tutelado, e de 5 sobre 10 na nota global.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade, demostrar o seu coñecemento da materia mediante un exame teórico e práctico que valerá o 50% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade, as condicións son as mesmas que as do resto do alumnado.
|