Guía DocenteCurso Escola Politécnica Superior |
Grao en Arquitectura Naval |
Asignaturas |
POLÍMEROS E MATERIAIS COMPOSTOS EN CONSTRUCIÓN NAVAL |
Metodoloxías |
|
|
Datos Identificativos | 2015/16 | |||||||||||||
Asignatura | POLÍMEROS E MATERIAIS COMPOSTOS EN CONSTRUCIÓN NAVAL | Código | 730G01165 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Por sesión maxistral enténdese a actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos teóricos da material Consiste na exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, co fin de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Prácticas de laboratorio | Aprendizaxe de distintas técnicas de caracterización de materiais: análise termogravimétrica, calorimetría diferencial de varrido e análise mecánico-dinámico. Estas tres técnicas están dispoñibles na EPS. Preténdese que o alumno se familiarice coas devanditas técnicas e poden ver a súa aplicación ao estudo dos materiais compostos. |
Traballos tutelados | Estes traballos poden estar relacionados coas prácticas de laboratorio ou cos temas expostos nas sesións maxistrais. |
Presentación oral | Os alumnos deberán preparar unha presentación oral apoiándose nun arquivo de PowerPoint (ou similar) do traballo tutelado que se lles asignase. |
Obradoiro | utilizaranse para a construción dunha embarcación con resina de poliester e fibra de vidro, incluíndo a elaboración do modelo, construción do molde e fabricación da peza final. |
Saídas de campo | Intentarase realizar unha visita a algún estaleiro que traballe con materiais compostos. |
Proba obxectiva | Consistirá nun serie de preguntas relacionadas co temario da materia. |
|