Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
Na atención personalizada tratarase de emendar posibles deficiencias na formación química previa do estudante e de resolver dúbidas e cuestións puntuais que, normalmente, impídenlle o seguimento xeral da materia.
Realizarase un seguimento do traballo do estudante no laboratorio, tomarase en consideración as súas suxestións e prestaráselle axuda para aclarar as dúbidas.
Nas sesións de solución de problemas e de seminario en grupo pequeno prestaráselles axuda para aclarar conceptos e resolver posibles dúbidas.
Na elaboración dos traballos tutelados facilitaráselles a asistencia que precisen para a súa preparación e exposición.
|
|