Obradoiro |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigurosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, etc |
Aprendizaxe colaborativa |
Modalidade didáctica que fomenta a aprendizaxe centrada no alumno baseando o traballo en pequenos grupos, onde os estudantes desenvolven actividades para mellorar a comprensión dunha materia ou dun tema específico da mesma. Cada membro do grupo é responsable da súa aprendizaxe pero tamén de axudar aos seus compañeiros a aprender xa que o éxito na actividade dependerá de todos os membros do grupo.
Os elementos esenciais desta técnica son responsabilidade individual, interdependencia
positiva, interacción cara a cara, traballo en equipo e proceso de grupo. |