Teaching GuideTerm
Higher Polytechnic University College
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Subjects
  Mecánica de fluídos
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Laboratory practice A7 B2 B5 C4 A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria. Deberá realizarse tamén unha memoria de prácticas cuxa nota mínima terá que ser de 5 sobre 10 para estar aprobada.

A asistencia ao laboratorio manterase para anos sucesivos se se aproba a memoria de prácticas no ano da realización das mesmas.
15
Objective test A7 B2 B5 C4 Realizarase unha proba a metade do curso e outra ao final. Cada unha das dúas probas terá unha parte de problemas e outra de teoría que constará, non só de preguntas de desenvolvemento teórico, senón tamén de exercicios simples de aplicación dos conceptos teóricos desenvolvidos en clase. Esta parte terá un peso do 50% da nota da proba. A parte de problemas terá un peso do 50%.

Se a nota da primeira proba é superior a 4/10 e as notas das partes de teoría e problemas son superiores a 3/10 poderase liberar a primeira parte da materia para o exame final e ponderaranse ambas as probas ao 50%. Esta liberación poderase estender ata o exame final de xullo do mesmo ano se o alumno preséntase ao exame de xuño.

Para aprobar a materia é necesario obter polo menos un 5/10 na proba mixta e polo menos un 3/10 na nota media da parte de problemas e na parte de teoría.
85
 
Assessment comments

A segunda proba mixta farase coincidir co exame final, no que os alumnos que non teñan liberada a parte correspondente á primeira proba mixta, examinaranse de toda a materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes