Para superar a materia é necesario superar as dúas partes avaliables desta. Cada unha das partes considérase superada ao alcanzar a metade do seu valor de avaliación.
MATRICULA DE HONRA: Poderán optar a matrícula de honra os alumnos cuxa media supere o 9.5. O profesor da materia poderá considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.
CUALIFICACIÓN NON PRESENTADO: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
OPORTUNIDADE ADIANTADA: Os criterios rexeranse polos establecidos nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario da UDC".
MATRICULA PARCIAL: Os criterios de avaliación serán os mesmos que na matrícula ordinaria e os traballos en grupo adaptaranse para a realización de forma individual polo alumno.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Rexerase polos mesmos criterios que a primeira. Se o alumno non realizou ou superou os traballos, terá que presentar o traballo ou traballos que previo contacto co profesor, póñanlle.