Teaching GuideTerm
Faculty of Nursing and Podiatry
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Subjects
  Microbioloxía e parasitoloxía
   Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Realizarase un exame que inclúe 10 preguntas curtas de ensaio e 30 preguntas de tipo test con catro posibilidades e resposta única. Nesta proba incluiranse unha pregunta curta e dúas preguntas tipo test relativas ao traballo tutelado.
Guest lecture / keynote speech A maior parte dos contidos desta materia desenvolveranse mediante leccións maxistrais participativas con apoio importante de imaxes e vídeo. Periodicamente realizaranse controis de asistencia a clase.
Supervised projects Realizarase un traballo colaborativo, obrigatorio para superar a materia en Primeira oportunidade, en grupos preferiblemente de seis alumnos. Consistirá nun traballo de síntese de información sobre coñecemento científico relativo ao control do crecemento dos microorganismos como base para a aplicación na práctica podológica da política de antisepsia e desinfección no ambiente clínico. A data de entrega do traballo será única a final do período de clases, anunciarase no Campus Virtual da UDC, e de acordo co calendario de exames e a normativa vixente fixarase para uns 15 días antes da data de comezo do periodo de exames da Primeira oportunidade.
Field trip Realizarase unha visita guiada programada ao servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
Laboratory practice Realizaranse unhas prácticas dedicadas a introducir ao alumno no manexo do microscopio óptico para observar preparacións comerciais de mostras biolóxicas relativas ao contido da materia. Realizarase unha práctica de sementeira e cultivo microbiano dirixida a demostrar os beneficios do lavado de mans.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes