Seminar |
A19 B7 B18 C1 |
As actividades relacionadas cos seminarios é obrigatorio asistir ao 80% das sesións presenciais e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia; con execepcion dos alumnos de matricula parcial para os que se programasen actividades específicas cando se presente a situación.
Realizaranse 4 actividades (en grupo ou individuais)con cualificacións de 2.5 puntos cada actividade.
Para aprobar a materia é necesario sumar polo menos 7,5 puntos dos seminarios.
Na convocatoria de Xullo no caso de que o alumno non asistise aos seminarios deberá responder a 2 preguntas que teran un valor de 10 puntos e alcanzar nas mesmas polo menos un 80% da puntuación outorgada ás mesmas. |
10 |
- As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non se presentar ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificaciónsdelos estudos de casos e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
- En segunda e sucesivas matrículas non computarán as cualificacións dos cursos anteriores
- A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta
- A cualificación de matrícula de honra, dado o seu caráctergraciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/ás con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os alumnos/ás para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
- Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao inicio do curso. Para este alumnado a cualificación dos seminarios e os estudos de casos pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma autónoma.
- Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se encontre nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDCdispoñerá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final
|