A avaliación do Prácticum I detallarase de forma máis específica en canto ás súas características e metodoloxía no Anexo da Guía docente do Prácticum I que se porá a disposición do alumnado antes do inicio das prácticas clínicas.
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para superar a materia en calquera modalidade de matrícula. Faltas xustificadas: poderá superarse a materia con 10% de faltas xustificadas, (a xustificación debe de estar entre as contempladas pola Normativa académica de avaliación, cualificacións e reclamacións da UDC). Un número maior de faltas xustificadas ou a existencia de faltas inxustificadas pode supor o suspenso da materia. A puntualidade na asistencia ás prácticas é de obrigado cumprimento, as faltas de puntualidade serán penalizadas podendo chegar a supor o suspenso da materia. A xustificación das faltas debe entregarse nos 3 días seguintes a incorporación do alumno.
En calquera caso a ausencia ó 30% das prácticas clínicas suporá a calificación de non presentado.
A cualificación de Matrícula de honra será outorgada automaticamente a aqueles alumnos que alcancen a cualificación de 10. No caso de que exista maior número de alumnos que matrículas de honra asignadas á materia, ou existan alumnos con cualificación de 9 ou máis, previa solicitude por escrito dos alumnos interesados programarase, en data e hora acordada cos interesados, a realización dun exame tipo proba obxectiva para asignar ás mellores cualificacións do mesmo;a matrícula de honra.
O suspenso no Prácticum I suporá a repetición íntegra das prácticas en segunda matrícula e posteriores.
A ausencia a máis do 30% das prácticas suporá automaticamente unha cualificación de Non Presentado.