Estudo de casos |
A14 A16 B2 B9 B16 C2 C3 C4 |
Metodoloxía onde o suxeito enfróntase ante a descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo |
10 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A3 |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.
A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
60 |
Solución de problemas |
A20 A22 A27 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 |
Técnica mediante a que ha de resolverse unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. |
10 |
En calquera caso o alumno terá a posibilidade de presentarse exclusivamente á proba obxectiva final, na data que aprobe a Xunta de Centro, na que terá que responder a un cuestionario teórico práctico (preguntas de teoría e exercicios). A valoración neste caso da proba final será de 10 puntos. Se o alumno decide non acollerse ao sistema de avaliación exclusiva mediante unha proba obxectiva final, o outro sistema permite deseñar o proceso de formación tendo como punto de partida o volume de traballo que deberá realizar para alcanzar os obxectivos propostos na materia, é dicir, as súas asistencias ás sesións que se realicen mediante a utilización de leccións maxistrais, estudo de casos, solución de problemas, así como o traballo persoal que supón o estudo dos contidos do programa.
|