Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrales realizarasen na aula, mediante clases na pizarra ou medios audiovisuais (transparencias, presentación en power point, vídeos). A duración destas clases será de 1,5 horas semanais e o grupo de alumnos será un grupo grande con todos os alumnos matriculados.
Os alumnos tomarán apuntes dos conceptos fundamentais explicados na aula para despois ampliar os conceptos consultando a bibliografia aconsellada.
Ademáis proporcionaránselles aos alumnos ferramentas tales como resumos ou esquemas, os que poderan acceder mediante a plataforma Moodle. |
Problem solving |
Despois de cada tema proporanse una colección de problemas tipo. As clases de solución de problemas serán de 1 hora semanal en grupos interactivos de aproximadamente 20 alumnos. Parte dos problemas propostos resolveranse na pizarra (os problemas tipo) durante as clases interactivas e outros deixaranse coma traballo individual de cada alumno.
Nas tutorías de grupos reducidos, que serán de 0.5 horas semanais, en grupos de 10 alumnos, plantexaranse problemas/test correspondentes con cada un dos bloques temáticos. Estes problemas/test resoltos polo alumno servirán para a avaliación continua dos mesmos. Proporcionaránselle ao alumno os problemas/test resoltos a posteriori para que lle axuden no proceso de autoevaluación. |
Objective test |
Realizarase unha proba final onde se avaliarán os coñecementos adquiridos durante o curso. |