- Os alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio da asignatura non poderán presentarse á proba obxetiva e figurarán como "non presentados"
- Os alumnos repetidores que teñan realizado as prácticas nos dous cursos académicos anteriores poderán optar entre realizar novamente as prácticas e ser evaluados novamente ou non realizalas e conservar a nota dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os alumnos que non teñan superada a asignatura terán que voltar a realizalas prácticas obligatoriamente.
- A asistencia ás clases é obligatoria (expositiva, interactiva e tutoría de grupos reducidos). As faltas deben ser xustificadas axeitadamente. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas á clase sin xustificar, serán inmediatamente excluidos do procedemento de evaluación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxetiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxetiva constituirá o 90% da nota e o 10% restante será a nota das prácticas de laboratorio.
- Na oportunidade de xullo seguiranse as mesmas normas que para a oportunidade de xuño
- Os alumnos con calificación de "non presentado" serán aqueles que non se presentaron á proba obxetiva.
- Adicionalmente a mitad de cuatrimestre e só para os alumnos que non teñan máis dun 20% de faltas de asistencia e que polo tanto estexan dentro do procedemento de evaluación continua, realizarase unha proba obxetiva. Esa proba permitirá liberar aos alumnos que a superen de parte da materia de cara á proba final e a súa nota gardarase de ser necesario ata a oportunidade de xullo.