Teaching GuideTerm
University College of Industrial Design
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
 Subjects
  Fundamentos de Física
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Problem solving A5 B2 B5 B6 C6 Avaliaranse problemas/test plantexados para que os alumnos resolvan de forma autónoma.
Tamén se proporán actividades en grupo para realizar na aula.
30
Laboratory practice A4 A7 B9 B4 C1 C4 Avaliarase a asistencia as sesións de laboratorio, o interese e o traballo desenvolvido no laboratorio e a memoria entregada despois de cada sesión.
Ademais a asistencia as prácticas e obligatoria e condición necesaria para aprobala asignatura.
10
Objective test A5 B5 B11 C1 Tratarase dunha proba no que o alumno terá que resolver 4 ou 5 exercicios relacionados coa materia a avaliar (duas oportunidades xuño e xullo). A proba obxetiva puntuará un máximo de 6 puntos (sobre 10). Necesitase acadar un mínimo de puntuación dun 4 (sobre 10) nesta proba para poder sumar o resto das notas da evaluación continua (problemas/test e prácticas). 60
 
Assessment comments

- Os alumnos que non realicen as prácticas de laboratorio da asignatura non poderán presentarse á proba obxetiva e figurarán como "non presentados"


- Os alumnos repetidores que teñan realizado as prácticas nos dous cursos académicos anteriores poderán optar entre realizar novamente as prácticas e ser evaluados novamente ou non realizalas e conservar a nota dos cursos anteriores. Despois deses dous cursos académicos os alumnos que non teñan superada a asignatura terán que voltar a realizalas prácticas obligatoriamente.


- A asistencia ás clases é obligatoria (expositiva, interactiva e tutoría de grupos reducidos). As faltas deben ser xustificadas axeitadamente. Os alumnos que acumulen máis do 20% de faltas á clase sin xustificar, serán inmediatamente excluidos do procedemento de evaluación continua e a súa nota final dependerá única e exclusivamente da nota da proba obxetiva e das prácticas de laboratorio, é dicir a proba obxetiva constituirá o 90% da nota e o 10% restante será a nota das prácticas de laboratorio.


- Na oportunidade de xullo seguiranse as mesmas normas que para a oportunidade de xuño


- Os alumnos con calificación de "non presentado" serán aqueles que non se presentaron á proba obxetiva.


- Adicionalmente a mitad de cuatrimestre e só para os alumnos que non teñan máis dun 20% de faltas de asistencia e que polo tanto estexan dentro do procedemento de evaluación continua, realizarase unha proba obxetiva. Esa proba permitirá liberar aos alumnos que a superen de parte da materia de cara á proba final e a súa nota gardarase de ser necesario ata a oportunidade de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes