TipoA
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
AP1 |
Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade continua e cambiante á que se enfrontan os procuradores dos tribunais, que lles permitan garantir e asegurar a xestión dos intereses dos seus representados antes, durante e despois do procedemento xudicial. |
|
AP2 |
Coñecer e ser capaz de integrar a postulación dos dereitos dos representados no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais. |
|
AP3 |
Coñecer as técnicas procesuais e ser capaz de executar cantos actos lles encomenden ou para cuxa realización estean facultados nas distintas ordes xurisdicionais, con especial a atención aos prazos, actos de comunicación, execución e vías de constrinximento. |
|
AP4 |
Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais que informan as relacións do procurador dos tribunais co cliente, coas outras partes, co tribunal ou autoridade pública e entre os procuradores e os demais profesionais. |
|
AP5 |
Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do procurador dos tribunais. |
|
AP6 |
Coñecer e aplicar as técnicas dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigas tributarios, de constitución de depósitos xudiciais e de atención a cantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a efectiva tutela xudicial dos dereitos dos seus representados. |
|
AP7 |
Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio. |
|
AP8 |
Dispoñer da capacidade de actuar de acordo coas esixencias que impón o ámbito organizativo, de xestión e comercial da profesión de procurador dos tribunais, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal. |
|
AP9 |
Capacidade para elixir os medios máis axeitados que ofrece o ordenamento xurídico para o desempeño dunha representación técnica de calidade. |
|
AP10 |
Desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para a correcta e eficaz realización de actos de comunicación ás partes no proceso, e para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais, coñecendo e diferenciando os intereses privados que representa dos de carácter pública cuxa execución á Lei os tribunais lle encomenden. |
|
AP11 |
Desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a utilización dos procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación, e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática. |
|
AP12 |
Dispoñer das habilidades necesarias para auxiliarse das funcións notarial e rexistral, no exercicio da súa representación técnica de calidade. |
|
AP13 |
Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de procurador dos tribunais. |
|
AP14 |
Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procesual e gobernativo. |
|
AP15 |
Desenvolver destrezas que permitan ao procurador dos tribunais mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución, ben sexa de carácter específico ou interdisciplinar. |
|
AP16 |
Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais. |
|
AP17 |
Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de procurador dos tribunais. |
|
AP18 |
Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da profesión de procurador dos tribunais. |
|
AP19 |
Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión. |
|
AP20 |
Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio profesional. |
|
AP21 |
Coñecer o usus fori dos tribunais, organismos e oficinas públicas propias do lugar. |
|
AP22 |
Dominio da terminoloxía xurídica máis usual. |
|
AP23 |
Coñecemento das funcións propias do procurador dos tribunais. |
|
AP24 |
Dominio da organización institucional e colexial da procura española, autonómica e europea. |
|
AP25 |
Coñecemento das condicións de acceso e exercicio da procura en España e en Europa e das distintas modalidades de exercicio profesional. |
|
AP26 |
Dominio do funcionamento dos servizos correspondentes de oficio |
|
AP27 |
Adquisición de nocións sobre recursos humanos, mercadotecnia, captación e fidelización de clientes, comunicación, dirección estratéxica, xestión do tempo, dirección de equipos, e outras relacionadas coa xestión do despacho. |
|
AP28 |
Análise e coñecemento das normas sobre percepción dos dereitos económicos profesionais e dos criterios que as inspiran e dominio dos mecanismos máis habituais para o cobramento dos devanditos dereitos profesionais. |
|
AP29 |
Coñecemento e manexo da lexislación básica sobre protección de datos referida aos ficheiros dos clientes do despacho. |
|
AP30 |
Adquirir coñecementos sobre as distintas modalidades de seguro de responsabilidade civil. |
|
AP31 |
Coñecemento das distintas prestacións da Mutualidade de Previsión Social dos Procuradores dos Tribunais, das demais mutualidades profesionais da procura e da Seguridade Social, así como os requisitos de adscrición a cada unha desas modalidades. |
|
AP32 |
Coñecemento dos rudimentos básicos de navegación por Internet e de utilización do correo electrónico, así como os fundamentos básicos do proxecto tecnolóxico da procura e da Administración de Xustiza, e a presentación telemática de escritos xudiciais. |
|
AP33 |
Asimilación dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a realización do traballo fin de mestrado. |
|
AP34 |
Afondamento nos problemas xurídicos que poida presentar o tema de traballo de fin de mestrado. |
|
AP35 |
Ser capaz de razoar e achegar solucións ou propostas aos problemas que formula o tema elixido para o traballo fin de mestrado. |
|
AP36 |
Capacidade de análise de textos xurídicos sobre as materias en cuestión para a súa correcta interpretación e aplicación. |
|
AP37 |
Dominio das técnicas xurídicas e investigadoras. |
|
AP38 |
Capacidade para elaborar un traballo de investigación. |
TipoB
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
BP1 |
Ter adquirido coñecementos avanzados e ter demostrado, no contexto do exercicio da procura, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo. |
|
BP2 |
Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación e as súas capacidades de resolución de problemas en ámbitos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar profesionais altamente especializados. |
|
BP3 |
Saber avaliar e seleccionar a teoría axeitada e a metodoloxía precisa para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa preciso, unha reflexión sobre a responsabilidade social e deontolóxica ligada á solución que se propoña en cada caso. |
|
BP4 |
Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas metodoloxías de traballo, adaptadas ao ámbito profesional da procura. |
|
BP5 |
Saber transmitir de modo claro e sen ambigüidades a un público, especializado ou non, as súas conclusións, coñecementos e razóns últimas que as sustentan. |
|
BP6 |
Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de actuación. |
|
BP7 |
Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional. |
|
BP8 |
Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación. |
|
BP9 |
Motivación pola calidade e a excelencia profesional. |
|
BP10 |
Capacidade de organización e planificación. |
|
BP11 |
Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria. |
|
BP12 |
Capacidade de obtención e xestión da información. |
|
BP13 |
Capacidade de comprensión, análise e síntese. |
|
BP14 |
Capacidade de resolución de problemas. |
|
BP15 |
Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade. |
|
BP16 |
Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles. |
|
BP17 |
Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo. |
|
BP18 |
Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral. |
TipoC
|
Código |
|
|
Profesionalizador |
|
CP1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
|
CP2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
|
CP3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
|
CP4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
|
CP5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
|
CP6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
|
CP7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
|
CP8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |