Teaching GuideTerm
Faculty of Law
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Interuniversitario en Procuradoría (plan 2012)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Job guided
  AJ1 Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade continua e cambiante á que se enfrontan os procuradores dos tribunais, que lles permitan garantir e asegurar a xestión dos intereses dos seus representados antes, durante e despois do procedemento xudicial.
  AJ2 Coñecer e ser capaz de integrar a postulación dos dereitos dos representados no marco dos sistemas de tutela xurisdicional nacionais e internacionais.
  AJ3 Coñecer as técnicas procesuais e ser capaz de executar cantos actos lles encomenden ou para cuxa realización estean facultados nas distintas ordes xurisdicionais, con especial a atención aos prazos, actos de comunicación, execución e vías de constrinximento.
  AJ4 Coñecer e saber aplicar os dereitos e deberes deontolóxicos profesionais que informan as relacións do procurador dos tribunais co cliente, coas outras partes, co tribunal ou autoridade pública e entre os procuradores e os demais profesionais.
  AJ5 Coñecer e avaliar as distintas responsabilidades vinculadas ao exercicio da actividade profesional, incluíndo o funcionamento básico da asistencia xurídica gratuíta e a promoción da responsabilidade do procurador dos tribunais.
  AJ6 Coñecer e aplicar as técnicas dirixidas á identificación e liquidación de dereitos arancelarios, obrigas tributarios, de constitución de depósitos xudiciais e de atención a cantos gastos e costas sexan necesarios para garantir a efectiva tutela xudicial dos dereitos dos seus representados.
  AJ7 Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio.
  AJ8 Dispoñer da capacidade de actuar de acordo coas esixencias que impón o ámbito organizativo, de xestión e comercial da profesión de procurador dos tribunais, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal.
  AJ9 Capacidade para elixir os medios máis axeitados que ofrece o ordenamento xurídico para o desempeño dunha representación técnica de calidade.
  AJ10 Desenvolver as habilidades e destrezas necesarias para a correcta e eficaz realización de actos de comunicación ás partes no proceso, e para unha colaboración eficaz cos tribunais na execución das resolucións xudiciais, coñecendo e diferenciando os intereses privados que representa dos de carácter pública cuxa execución á Lei os tribunais lle encomenden.
  AJ11 Desenvolver as destrezas e habilidades necesarias para a utilización dos procedementos, protocolos, sistemas e aplicacións xudiciais, que requiran os actos de comunicación, e cooperación coa Administración de Xustiza con especial atención aos de natureza electrónica, informática e telemática.
  AJ12 Dispoñer das habilidades necesarias para auxiliarse das funcións notarial e rexistral, no exercicio da súa representación técnica de calidade.
  AJ13 Coñecer, saber organizar e planificar os recursos individuais e colectivos dispoñibles para o exercicio nas súas distintas modalidades organizativas da profesión de procurador dos tribunais.
  AJ14 Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procesual e gobernativo.
  AJ15 Desenvolver destrezas que permitan ao procurador dos tribunais mellorar a eficiencia do seu traballo e potenciar o funcionamento global do equipo ou institución, ben sexa de carácter específico ou interdisciplinar.
  AJ16 Enfrontarse a problemas deontolóxicos profesionais.
  AJ17 Familiarizarse co funcionamento e a problemática de institucións relacionadas co exercicio da profesión de procurador dos tribunais.
  AJ18 Coñecer a actividade doutros operadores xurídicos, así como de profesionais relacionados co exercicio da profesión de procurador dos tribunais.
  AJ19 Recibir información actualizada sobre o desenvolvemento da carreira profesional e as posibles liñas de actividade, así como acerca dos instrumentos para a súa xestión.
  AJ20 Desenvolver as competencias e habilidades necesarias para o exercicio profesional.
  AJ21 Coñecer o usus fori dos tribunais, organismos e oficinas públicas propias do lugar.
  AJ22 Dominio da terminoloxía xurídica máis usual.
  AJ23 Coñecemento das funcións propias do procurador dos tribunais.
  AJ24 Dominio da organización institucional e colexial da procura española, autonómica e europea.
  AJ25 Coñecemento das condicións de acceso e exercicio da procura en España e en Europa e das distintas modalidades de exercicio profesional.
  AJ26 Dominio do funcionamento dos servizos correspondentes de oficio
  AJ27 Adquisición de nocións sobre recursos humanos, mercadotecnia, captación e fidelización de clientes, comunicación, dirección estratéxica, xestión do tempo, dirección de equipos, e outras relacionadas coa xestión do despacho.
  AJ28 Análise e coñecemento das normas sobre percepción dos dereitos económicos profesionais e dos criterios que as inspiran e dominio dos mecanismos máis habituais para o cobramento dos devanditos dereitos profesionais.
  AJ29 Coñecemento e manexo da lexislación básica sobre protección de datos referida aos ficheiros dos clientes do despacho.
  AJ30 Adquirir coñecementos sobre as distintas modalidades de seguro de responsabilidade civil.
  AJ31 Coñecemento das distintas prestacións da Mutualidade de Previsión Social dos Procuradores dos Tribunais, das demais mutualidades profesionais da procura e da Seguridade Social, así como os requisitos de adscrición a cada unha desas modalidades.
  AJ32 Coñecemento dos rudimentos básicos de navegación por Internet e de utilización do correo electrónico, así como os fundamentos básicos do proxecto tecnolóxico da procura e da Administración de Xustiza, e a presentación telemática de escritos xudiciais.
  AJ33 Asimilación dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a realización do traballo fin de mestrado.
  AJ34 Afondamento nos problemas xurídicos que poida presentar o tema de traballo de fin de mestrado.
  AJ35 Ser capaz de razoar e achegar solucións ou propostas aos problemas que formula o tema elixido para o traballo fin de mestrado.
  AJ36 Capacidade de análise de textos xurídicos sobre as materias en cuestión para a súa correcta interpretación e aplicación.
  AJ37 Dominio das técnicas xurídicas e investigadoras.
  AJ38 Capacidade para elaborar un traballo de investigación.
TypeB Code  
  Job guided
  BJ1 Ter adquirido coñecementos avanzados e ter demostrado, no contexto do exercicio da procura, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo.
  BJ2 Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión destes, a súa fundamentación e as súas capacidades de resolución de problemas en ámbitos novos e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar profesionais altamente especializados.
  BJ3 Saber avaliar e seleccionar a teoría axeitada e a metodoloxía precisa para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada, incluíndo, cando sexa preciso, unha reflexión sobre a responsabilidade social e deontolóxica ligada á solución que se propoña en cada caso.
  BJ4 Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas metodoloxías de traballo, adaptadas ao ámbito profesional da procura.
  BJ5 Saber transmitir de modo claro e sen ambigüidades a un público, especializado ou non, as súas conclusións, coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
  BJ6 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de actuación.
  BJ7 Capacidade de traballo en equipo e de relación interpersoal nun contexto profesional.
  BJ8 Capacidade de iniciativa, creatividade, liderado, adaptación a novas situacións e espírito de superación.
  BJ9 Motivación pola calidade e a excelencia profesional.
  BJ10 Capacidade de organización e planificación.
  BJ11 Compromiso ético e deontolóxico analizado, ademais, dende unha perspectiva solidaria.
  BJ12 Capacidade de obtención e xestión da información.
  BJ13 Capacidade de comprensión, análise e síntese.
  BJ14 Capacidade de resolución de problemas.
  BJ15 Desenvolvemento dos principios de lealdade e confidencialidade.
  BJ16 Capacidade de argumentar tanto de forma oral como escrita, cunha linguaxe fluída e técnica, utilizando termos xurídicos, precisos, claros e comprensibles.
  BJ17 Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo.
  BJ18 Capacidade de manexo das tecnoloxías da información e comunicación no desenvolvemento da súa actividade laboral.
TypeC Code  
  Job guided
  CJ1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CJ2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CJ3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CJ4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CJ5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CJ6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CJ7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CJ8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes