Guía DocenteCurso
Escola Universitaria de Arquitectura Técnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección Integrada de Proxectos
 Competencias / Resultados do título


TipoA Código  
  Profesionalizador
  AP1 Saber actuar como representantes do promotor do proxecto en tódolos ámbitos de actuación do Director de Proxecto ou Project Manager.
  AP2 Saber xestionar e dirixir Proxectos de Edificación e Desenvolvemento Territorial na especialidade de Edificación e Desenvolvemento Territorial
  AP3 Saber xestionar e dirixir Proxectos de Ocio e Deporte na especialidade de Ocio e deporte
  AP4 Saber xestionar e dirixir Proxectos de Sistemas de Información na especialidade de Sistemas de Información
TipoB Código  
  Profesionalizador
  BP1 Capacidade de análise e de síntese.
  BP2 Capacidade de Organización e Planificación
  BP3 Capacidade de Traballo en equipo
  BP4 Capacidade de procura, análise e selección de información relevante.
  BP5 Capacidade de utilización e xestión da información
  BP6 Orientación a resultados
  BP7 Orientación ao cliente
  BP8 Capacidade de comunicación e motivación
  BP9 Capacidade para a resolución de problemas
  BP10 Capacidade para a toma de decisións
  BP11 Capacidade para traballar nun equipo de carácter interdisciplinar
  BP12 Capacidade para traballar nun contexto internacional
  BP13 Capacidade de liderado, diálogo e negociación
  BP14 Motivación pola calidade
  BP15 Sensibilidade cara temas de seguridade laboral, accesibilidade, sostibilidade e medioambiente
TipoC Código  
  Mixto
  CM1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CM2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CM3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CM4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CM5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CM6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CM7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CM8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes