Para superar a materia será preciso obter no exame unha nota non inferior ó
4 (sobre 10), e acadar, sumadas as cualificacións de tódalas actividades unha
nota mínima de 5 (sobre 10) e calcularase así: exame*0,7+prácticas+resolución
de problemas. De non alcanzarse a dita puntuación mínima en algunha das
actividades avaliables, e no caso de que a nota final fóse maior ou igual a 5
(sobre 10), a materia figurará como suspensa (4,5).
A
avaliación dos alumnos na segunda oportunidade seguirá os mesmos
criterios que na primeira oportunidade. Os alumnos evaluados na segunda
oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo de
éstas para o curso correspondente non se cubriu na primeira
oportunidade. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos
seminarios de resolución de problemas conservaranse para a segunda
oportunidade de xullo. A cualificación da proba de xullo substituirá á
obtida na proba de xuño.
Os alumnos que por razóns xustificadas ou por estar matriculados a tempo parcial non participen nas actividades de avaliación continua voluntarias, poderán facer un traballo equivalente, que consistirá na entrega durante as sesións de titoría individualizada dos boletíns de problemas e actividades propostas para facer nas sesións de grupo reducido.
As prácticas de laboratorio realizaranse según o calendario oficial publicado ó principio do cuadrimestre. A realización das prácticas ten carácter obligatorio polo que é necesario facelas e superalas para poder superar a materia.
Para
obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter
participado en actividades que sumen máis do 25% da cualificación final.