A asistencia a todas as actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba mixta) é necesaria para superar a materia. Por iso, facilitarase a todos
os alumnos a realización dos talleres e as prácticas de laboratorio
dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os
recursos materiais e humanos. Os alumnos que participasen en actividades avaliables que somen menos do 15% da cualificación final poderán obter a cualificación de Non Presentado.
Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, para os alumnos cunha nota media igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 4 na proba mixta, a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Unha vez finalizada a proba mixta da 1ª oportunidade, os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións de taller, co obxectivo de reevaluar a cualificación dos talleres.
En caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, a cualificación das prácticas de laboratorio conservarase na 2ª oportunidade. A cualificación da proba mixta da 2ª oportunidade substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade. A cualificación dos talleres obtida na 1ª oportunidade poderase conservar na 2ª oportunidade ou, de maneira alternativa, unha vez finalizada a proba mixta da 2ª oportunidade, os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións do taller, co obxectivo de reevaluar a cualificación dos talleres. Os alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade a realización dos talleres e as prácticas de laboratorio será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. De maneira excepcional, cando os alumnos non puidesen completar as prácticas de laboratorio por razóns debidamente xustificadas, para non prexudicar a súa cualificación, a proba mixta (tanto na 1ª como na 2ª oportunidade) incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio e contribuirá nun 85% á nota final. Ademais, unha vez finalizada a proba mixta (tanto na 1ª como na 2ª oportunidade), os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións de taller, co obxectivo de reevaluar os talleres (15% da nota final).
Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso. A este respecto, as prácticasde laboratorio poderanse convalidar de acordo coa normativa establecida no Centro.