En xeral:
- Non se avaliará positivamente se nalgunha das dúas probas non se acada un mínimo de 3 puntos sobre 10
- A nota mínima de aprobado é de 5 sobre 10 no promedio ponderado
- Para ter en conta as cualificacions nas distintas actividades suxeitas a avaliación, é necesario obter a cualificación mínima indicada anteriormente en cada unha delas. Polo tanto, de non alcanzarse dita puntuación mínima nalgunha das actividades, ainda que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a materia figurará como suspensa (4.5).
- A cualificación de "non presentado" aplicaráse no caso de que a participación do alumno en actividades avaliables represente menos do 25% da cualificación total.
Para a segunda oportunidade de avaliación:
- Poderáse conservar unha das dúas cualificacións (cun mínimo de 5 puntos sobre 10), pero non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso.
- Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a
matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira oportunidade.
Para cualquera oportunidade de avaliación:
- No caso específico de alumnado con dedicación a tempo parcial ou exención de asistencia, a proba mixta poderá ser online, mais nas prácticas (ver epígrafe 6, "Atención persoalizada") isto non é factible. Non sendo posible predecir antes do comenzo do curso o impedimento de asistencia, o profesor estudará cada caso concreto, coa fin de adaptar a avaliación desta parte.