Descripción general |
Os alumnos poderán optar por cursar prácticas profesionais externas, en empresas ou institucións, por un total de 6 ou 12 créditos ECTS, no lugar de 1 ou 2 materias optativas. A Facultade de Ciencias ven desenvolvendo dende o curso 2005/06 un programa de prácticas profesionais, cunha participación promedio no entorno dos 50-70 alumnos por ano, polo que ten ampla experiencia na xetión deste tipo de actividad.
Para poder participar nunha estadía en prácticas o alumno deberá:
i) Estar matriculado nalgunha titulación de grao da Facultade de Ciencias
ii) Ter superado cando menos 120 créditos ECTS, que deben de incluir todos os de formación básica
iii) Superar o proceso selectivo que se puidera establecer. Non poderán ser beneficiarios de estadías en prácticas os estudantes que manteñan algunha relación contratual coa correspondente empresa ou entidade, agás autorización obtida de conformidade coa normativa interna da UDC
Só se recoñecerán académicamente aquelas estadías que:
a) Se desenvolvan nunha praza ofertada ou aprobada pola Facultade. Se dita praza non correspondense á oferta realizada póla Facultade, senón que fose promovida noutro ámbito (Consello Social da UDC, Fundación UDC, outros organismos, etc.), recabarase a información que fose precisa para confirmar o cumprimento dos obxectivos arriba indicados sobre concurrencia competitiva con selección baseada en mérito e capacidade
b) Teñan sido cubertas mediante un proceso convocado en concorrencia libre e competitiva e cuha selección baseada en mérito e capacidade
c) Teñan sido realizadas baixo a titoría dun titulado superior pertencente á empresa, organismo público de investigación ou institución equiparable que oferte a praza, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante
d) Obteñan un informe favorable da Comisión de Docencia e Validacións sobre a actividade realizada, baseado no informe aportado e na valoración feita polos titores académico e de empresa (modelos no Anexos III e IV)
O proceso de avaliación, previo á decisión da Comisión de Docencia, se aterá á normativa de cualificacións da UDC. |