Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
 Asignaturas
  Literatura e Medios de Comunicación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado realizará dous traballos tulelados breves.
O primeiro, individual, consistirá nunha investigación orixinal, rigorosa e de extensión limitada, ben das tensións que teñen lugar nos "media" entre o centro e as periferias do sistema literario, ben dos novos modelos repertoriais que se someten a sanción desde os medios de comunicación alternativos.
O segundo, realizado en pequenos grupos, consistirá na selección e comentario de exemplos significativos de literatura hipertextual ou da relación das culturas minorizadas do noso contorno coa internet.
O primeiro traballo incorporarase a un espazo de traballo colaborativo on-line onde poderá ser retro-alimentado polos compañeiros. O segundo exporase oralmente en sesión presencial.
Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -no espazo de traballo colaborativo-, como a de incorporación a ese espazo virtual da versión definitiva. Tamén se combinará co alumnado as sesións presenciais destinadas á presentación oral do traballo grupal.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Discusión dirixida As sesións consistirán principalmente na realización de discusións dirixidas polo profesor en que o alumnado deberá participar activamente. Previamente, as/os estudantes deberán preparar as discusións coa lectura dos artigos especializados indicados.
Tamén se realizarán discusións dirixidas asíncronas, através do espazo de traballo colaborativo en liña.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos grupais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación dos mesmos por parte dos outros grupos.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas previas ás sesións, así como as necesarias para a elaboración dos traballos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes