Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Español: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Cuestións de Historia da Lingua Española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B10 C1 C3 C6 C7 C8 Valoraranse as distintas actividades realizadas polo alumno ao longo do curso, que deberá entregar durante a proba mixta. Haberá de valorarse, ademais da calidade do traballo, o rigor na presentación, a probiade científica e a presentación. 15
Sesión maxistral A3 A11 A13 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B3 B5 B6 B8 B10 C7 C8 Valorarase a asistencia e participación activa nas aulas, así como a realización dalgún traballo menor. 10
Proba mixta A3 A5 A9 A10 A11 A13 A15 B5 B6 B7 B10 C1 Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno e a súa capacidade para expoñelos. 50
Traballos tutelados A3 A5 A9 A10 A11 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B10 C1 C3 C6 C7 C8 Ao longo do período docente o alumno haberá de realizar un traballo tutelado, que se valorará tomando en consideración, de xeito especial, o rigor na súa realización, a probiade científica e a correcta expresión e presentación. 25
 
Observacións avaliación
Debe terse en conta que a porcentaxe do 10% correspondente á sesión maxistral engloba, en
realidade, a valoración da asistencia e participación activa do alumno tanto nas sesións maxistrais como nas restantes actividades presenciais na aula, así como nos eventos científicos que se programen.
Os diversos traballos e probas deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía coma no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...).
Cualificarase con "Non presentado" os alumnos que non realicen a proba mixta.
Arbitraranse medidas para atender e avaliar os alumnos con dispensa académica recoñecida.
Na convocatoria de xullo realizarase unha proba mixta, de ser o caso, e o alumno haberá de completar aqueles outros apartados (traballo tutelado, portafolios, etc.) en que non tivese alcanzado previamente o nivel requirido.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes