Todas as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.
Para superar a materia, a cualificación mínima da
proba obxectiva deberá ser de 4 puntos sobre 10.
O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente
cos profesores. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas
probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir ás titorías,
deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico.
O alumnado que se presentar á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).
Se
houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia en formato "rúbrica" na sala de aulas ou a través
do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións
para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas.
As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada
deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos de avaliación
pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren solicitados e
superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas) marcadas polo
profesorado responsábel da materia.
Será considerado Non Presentado/a aquel alumno ou alumna que non comparecer ás probas escritas ou que non entregar ningunha das actividades.
O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).