Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Inglesa 4
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B6 B9 C2 C3 C6 Teredes que facer un traballo PARA O/A LECTOR/A que consta de dúas partes:
(1) unha carta de motivación
(2) un CV profesional
O/a lector/a explicará as pautas necesarias para facer o traballo en clase, en Moodle e nas titorías do despacho.



20
Obradoiro B5 B8 C4 (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector/a): En parte dos grupos medianos e en todos os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a cómo realizar un CV e unha entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer tarefas baseadas en material que estará en MOODLE.

Aqueles/as estudantes que amosen unha participación realmente extraordinaria nas aulas serán eximidos/as de realizar a proba audio-oral.
0
Sesión maxistral A4 A5 A6 A10 A11 A15 A21 A22 A23 B1 C7 C8 (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas e práctica tanto oral coma escrita. Antes de vir a clase, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS ou ver VÍDEOS que colgaremos en Moodle. Unha vez alí, DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN un ensaio argumentativo derivado do debate. Os devanditos ensaios serán corrixidos pola profesora e devoltos aos seus autores/ás ao longo do curso. Completaremos a práctica da gramática, o vocabulario e a escritura académica con algún XOGO.

Os/as alumnos/as que fagan unha presentación individual voluntaria terán a posibilidade de recibir unha puntuación EXTRA sobre a nota final (ver observacións).
0
Presentación oral B10 C1 A presentación consiste en facer un VÍDEO-PROXECTO entre 5 e 10 persoas cuxo contido sexa un ANUNCIO ou PROGRAMA para VENDER un PRODUTO ou MÉTODO. Mentres falan, os/as estudantes teredes prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que preparar o GUIÓN, gravar o VÍDEO e colgalo; o resto das pautas serán explicadas pola coordinadora.

Naturalmente, ínstase o alumnado a que use as titorías ao longo do cuadrimestre para consultar as súas dúbidas sobre este proxecto.
10
Proba mixta A1 A2 A9 A14 B3 C5 As partes do exame organizaranse como segue:

-EXAME DE LECTURA con coordinadora (15%): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos textos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o penúltimo día de clase.

-EXAME DE ESCRITURA con coordinadora (20%): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora que non foi debatido na clase; este ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática e o vocabulario coma coa escritura tipo MLA. Así pois, debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión.

-EXAME AUDIO-ORAL con lector/a (15%): Entrevista de traballo (en rexistro formal) seguindo as directrices explicadas e practicadas en clase, como tamén os modelos e consellos publicados en Moodle.
50
Seminario A8 A12 B4 B7 (GRUPOS MEDIANOS con coordinadora): dedicaremos parte destes grupos de exercer a comprensión da lectura de textos curtos que serán colgados en Moodle. Os/as estudantes deben ler estes textos de antelación, e tamén preparar exercicios Moodle, que serán corrixidos na clase e verificados pola profesora ao longo do curso .

Os/as alumnos/as que fagan un traballo individual voluntario poderán ter unha puntuación EXTRA sobre a nota global (ver observacións).

0
Proba de resposta breve A10 A9 C2 Cara ao final do cuadrimestre, faredes un exercicio na clase da coordinadora. O exercicio avaliará a continuidade con que adquiristes os coñecementos teóricos e se sodes capaces de aplicalos á práctica. 20
 
Observacións avaliación

- Para poder superar a
materia, hai que sacar polo menos un 5 (sobre 10) no TRABALLO TUTELADO, a PROBA
DE RESPOSTA BREVE e os EXAMES e polo menos un 5 (sobre
10) na NOTA FINAL.

- Os traballos deben entregarse en tempo e forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico).

- Os traballos que mostren signos de plaxio serán cualificados cun 0.

- O
traballo voluntario dos/as alumnos/as cualificarase engadindo unha porcentaxe
EXTRA sobre a nota final como segue: I) PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL: farase en
clase da coordinadora nun evento chamado Talent Show--os detalles serán
explicados en clase (+0.5). II) ENSAIO DE INVESTIGACIÓN INDIVIDUAL sobre unha
(ou dous) das LECTURAS LONGAS (+0.5); o alumnado interesado nesta tarefa terá
que dicirmo ao comezo do curso; fixarei TRES ENTREVISTAS convosco no meu
despacho ao longo do cuadrimestre para discutir sobre o desenvolvemento do voso
traballo. Os ensaios que non fosen supervisados por min desta forma non serán
aceptados. Obviamente, devandita porcentaxe extra engadirase á nota final a
condición de que esta sexa igual ou superior a 5.

- En caso de folga de profesores/ás en días de clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o traballo dese/vos día/s.

- Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade, os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás.

- Para a
oportunidade de XULLO, haberá 1 traballo tutelado, 1 proba de resposta breve e
3 probas de exame obligatorias ao igual que en xuño. Ao non haber clases, a
presentación oral / ou vídeo-proxecto opcional poderá ser individual.



- Os/As estudiantes que se
presentan á convocatoria adiantada de
decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade
de xullo.



Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes