Lecturas |
A2 A14 A20 B3 B6 B7 |
Terán de realizarse as leituras obrigatórias por parte do alumnado, sendo avaliadas ao longo do desenvolvimento das aulas.
O control destas lecturas será realizado por medio de recensións "ad hoc" e/ou en sesións específicas na sala de aulas, avaliando a capacidade de comprensión e a síntese estruturada das principais ideas contidas nos materiais obxecto da leitura, en relación cos conteúdos focados e as competencias previstas na materia. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
A11 A15 |
Avaliación da adecuación, sustentabilidade e pertinencia dos xuízos emitidos na(s) reseña(s) avaliativa(s) de determinadas aportacións bibliográficas. |
5 |
Presentación oral |
A11 A15 B3 B7 C2 |
Avaliación da capacidade expositiva e da profundidade e adecuación dos contidos expostos na presentación oral dalgún dos comentarios de textos realizados.
Para alen do antes referido e da utilidade das apresentacións para os propósitos da materia, será avaliada a calidade lingüística, o dominio do contido, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas exposicións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel, a utilización dos recursos tecnolóxicos e, cando for o caso, o traballo en equipo. |
10 |
Proba mixta |
A2 A10 A11 A20 C2 |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico con comentario de textos e análise de fontes documentais, avaliando tanto a precisión expresiva e conteudística, canto o axeitamento do disertado, do comentado ou do analizado ás competencias a adquirir e aos obxectivos a atinxir, previamente formulados para cada unha das tres modalidades polo profesor. |
40 |