Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua Galega 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 B7 Na 1.ª oportunidade (xaneiro) realizarase unha PROBA MIXTA ESCRITA en que se avaliarán os contidos e as competencias adquiridas na materia (nomeadamente a competencia gramatical e a competencia comunicativa escrita). 50
Presentación oral A4 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B8 Na PRESENTACIÓN ORAL avaliarase a competencia comunicativa (comprensión, expresión e interacción orais) do alumnado, así como a correcta execución das tarefas propostas. 15
Solución de problemas A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 Nas ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais avaliaranse a corrección lingüística, a adecuación, coherencia e cohesión textuais, a competencia comunicativa escrita etc.
Estas actividades, consistentes na redacción en grupo do texto base para a presentación oral e a corrección individual dun dossier de textos, deberán entregarse nos días fixados.
30
Obradoiro A1 A2 A4 A9 A11 A15 B1 B3 B4 B5 B7 B8 No OBRADOIRO avaliarase a participación, o traballo en grupo, a adecuación, coherencia e cohesión lingüística e de expresión (oral e escrita), así como o correcto desenvolvemento das diversas ACTIVIDADES PRÁCTICAS deseñadas nas aulas de grupo intermedio e reducido. 5
 
Observacións avaliación

1. OBSERVACIÓNS XERAIS

1.1. Para superar a materia, é preciso
aprobar a PROBA MIXTA ESCRITA, a PRESENTACIÓN ORAL e as ACTIVIDADES
PRÁCTICAS avaliábeis do apartado SOLUCIÓN DE PROBLEMAS (cun mínimo de 5 puntos
sobre 10).

1.2. Todas as probas e actividades deberán cumprir
unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación,
concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica etc.).

1.3. As actividades prácticas entregaranse
unicamente na aula, en papel, nos días fixados polo profesorado.

1.4. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a
cualificación final de actividades se estas foren entregadas fóra de prazo sen
causa xustificada. Así, se se detectar plaxio, este levará consigo o suspenso
da actividade.

1.5. Os/As alumnos/as que non superaren a materia en
xaneiro poderán recuperala parcial ou totalmente na 2.ª oportunidade (xullo)
segundo as normas detalladas na epígrafe seguinte.

 

2. CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª OPORTUNIDADE (xullo)

2.1. Os/As estudantes que suspenderen a PROBA MIXTA
ESCRITA deberán facer outra proba do mesmo tipo que a da 1.ª oportunidade na
data, hora e lugar establecidos no calendario oficial de exames da Facultade
para a 2.ª oportunidade. Esta proba suporá igualmente o 50% da cualificación
final e será preciso obter 5 puntos sobre 10 para aprobar.

2.2. Os/As estudantes que suspenderen as ACTIVIDADES
PRÁCTICAS avaliábeis (que se corresponden co apartado SOLUCIÓN DE PROBLEMAS)
deberán realizar outras actividades substitutivas que se lles encomendaren e
que constituirán o 45% da cualificación final. Para este efecto, o profesorado
da materia fará públicas, xunto coas cualificacións da 1.ª oportunidade, as
instrucións correspondentes (actividades asignadas, datas de recollida e
entrega etc.). Así, igual que na 1.ª oportunidade, o/a alumno/a deberá ter
realizado e aprobado (con 5 puntos sobre 10) todas as actividades que foren
solicitadas.

2.3. Os/As estudantes que non atinxiren a puntuación
mínima na PRESENTACIÓN ORAL (con 5 puntos sobre 10), que supón o 5% da
cualificación final, terán que defendela de novo na 2.ª oportunidade. Esta
proba oral realizarase a seguir á proba mixta escrita da 2.ª oportunidade.

 

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO

3.1. En cada oportunidade de avaliación o/a alumno/a
recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba
escrita e, alén disto, se o número de actividades avaliábeis presentadas for
inferior ao 50%.

 

4. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL CON DISPENSA ACADÉMICA

4.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con
dispensa académica recoñecida deberá pórse en contacto co profesorado da
materia no inicio do curso para planificar, en cada situación concreta, os
axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que
serán substituídas por outras non presenciais equivalentes).

5. CONVOCATORIA DE DECEMBRO

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado da
seguinte maneira: proba mixta (50 %), presentación oral (20%) e solución de problemas (30 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes