Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Lingua e Cultura Clásica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A1 A2 A11 B5 B7 C3 As diversas actividades de análise e comentario de textos faranse en sesións presenciais de carácter práctico. Para obter a puntuación deste apartado o alumno non poderá acumular mais dun trinta por cento de faltas de asistencia a clase, que serán controladas mediante sinatura diaria. A nota deste apartado obterase pola participación activa na aula así como por eventuales controles periódicos de contidos. 40
Lecturas A13 B8 O estudante dará conta das lecturas obrigatorias que fosen propostas polo profesor. 10
Proba obxectiva B1 B6 C6 Proba escrita individual de carácter práctico que se efectuará unha vez rematado o período de clases. Constará de dúas partes: a primeira conterá exercicios sobre cuestións básicas de morfoloxía e de sintaxe latinas e dará lugar ó corenta por cento da nota deste apartado; a segunda parte, que aportará o sesenta por cento restante, consistirá na explicación da lingua e do contido dun ou de varios textos latinos propostos polo profesor. Este especificará se o alumno debe ou non efectuar a tradución do texto ó galego ou ó castelán. En ningún caso recibirá puntuación unha resposta que non se ateña estrictamente á pregunta realizada. Non será posible superar a materia se na parte relativa a morfoloxía e sintaxe latina non se acada un mínimo de cinco puntos sobre dez. Unha vez acadada esta puntuación sumarase a puntuación que lle corresponde á explicación dos textos latinos, así como a do apartado de lecturas e de análise de fontes documentais. 50
 
Observacións avaliación
As actividades presentadas por escrito, incluidas as probas finais, deben cumprir cos oportunos estándares de corrección lingüística, estar redactadas de maneira clara e carecer de faltas de ortografía. O non cumprimento destas condicións será tido en conta negativamente na puntuación da proba respectiva. Os estudantes que non aprobasen a materia na oportunidade de xuño poderán repetir en xullo o exercicio de lecturas e a proba obxectiva coas mesmas condicións e porcentaxes ca na oportunidade de xuño. Para o corenta por cento restante da nota -é decir, para a parte de 'análise de fontes documentais'- disporán dun apartado específico relacionado coa materia explicada na aula. Para esta parte o profesor propoñerá preferentemente exercicios prácticos do mesmo tipo e de similar dificultade ca os realizados na actividade docente diaria. Os exercicios de análise sintáctica, no seu caso, deben consistir nunha explicación razonada, e ben redactada, por parte do alumno. Non estará permitido o emprego de abreviaturas nin de suliñados debaixo do texto latino analizado. O mesmo principio é válido para aqueles casos en que sexa necesario efectuar a traducción dun texto latino ó galego ou ó castelán.
De non realizar a proba obxectiva prevista o estudante será cualificado como Non Presentado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes