CRITERIOS XENERAIS:
- A cualificación de non presentado corresponde únicamente aos alumnos que
só participen en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20 por cento da puntuación total, con independencia da
cualificación obtida. - A materia divídese en dúas partes, correspondentes a cada un dos bloques
de contidos. A primeira puntúase con 3 e a segunda con 7 puntos. Para
superar a asignatura é necesario obter unha puntuación global de 5
puntos ou máis, cun mínimo de 1 na primeira e de 3 na segunda parte. - Tanto os 3 puntos correspondentes á primeira parte como os 7
correspondentes á segunda pódense obter mediante a resolución de
boletines de preguntas e exercicios, que os alumnos presenciales poderán
realizar nas sesións de obradoiro e os non presenciales poderán resolver
baixo tutela.
Antes do comezo do período de clases estarán dispoñibles, a través da
plataforma Moodle, as guías complementarias de cada parte, nas que se
especificarán as actividades a realizar, as normas para realizalas, os
criterios para a súa avaliación e os prazos de entrega.