Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Socioloxia
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
   Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
Será obligatorio para todo o alumnado a entrega dunha ficha con foto actualizada cos datos de cada alumno/a á profesora.

Execución de prácticas de investigación e intervención ou APS (sí é o caso) no eido da Socioloxía da Educación.

Exposición en contextos equivalentes ó da vida real para a resolución de diferentes obxetos de estudio da asignatura. Serviralle de fase de aprendizaxe para que logo poidan extrapolar os coñecementos e habilidades adquiridas cando teñan que facer as saídas de campo.

Nos obradoiros traballaranse calqueira tipo de aspectos relacionados có desenvolvemento das distintas aplicacións teóricas da materia que o precisen.

Terase en conta a asistencia e participación do alumnado nas diferentes actividades da asignatura, de xeito moi especial, todas aquelas que conleven a responsabilidade de acadar obxectivos grupais, para o ben común que formará parte da avaliación final de cada persoa. Neste senso, aconséllase ó alumnado acudir as titorías ou propiciar consultas coa profesora da asignatura para resolver calqueira dúbida.


*Os criterios e a planificación desta guía docente son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado e segundo o criterio da profesora poderán ser obxecto dalgunha adaptación para superar casuística específica e debidamente xustificadas do alumnado. Todo isto deberá ser debidamente informado e xustificado á profesora no horario de titorías fixado para ser tratadas as excepcións á norma e explorar e poder entón decidir as posibibles adaptacións ou non das casuísticas irregulais.


A presentación oral consistirá en exposicións e intercambio informativo por parte do alumnado para dar conta das súas aprendizaxes e competencias respecto da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes