Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Arquitecto
 Asignaturas
  Xardinería e Paixase
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A47 A49 A50 A51 A54 B20 B18 B17 B14 B11 B10 B9 B8 B7 B3 C1 C6 C7 C8 Grado de coñecemento dos conceptos importantes. Capacidade de resolución de problemas 50
Portafolios do alumno A1 A7 A12 A18 A19 A20 A29 A37 A38 A41 A42 A48 B1 B4 B5 B6 B13 B19 B23 B31 C3 Calidade do traballo, rigor, creatividade, expresividade gráfica, sensibilidade no diseño 50
 
Observacións avaliación

A partires do curso 2014/2015 non existirá docencia nesta materia. Os seguintes criterios de avaliación, son os que corresponderon ao curso 2013/2014, que se incluen a modo de información:

O modo máis doado e desexable de superar a materia é por curso. Para elo e necesario asistir as clases e obradoiros e acadar a calidade mínima nos traballos segundo os criterios de avaliación enumerados anteriormente.
As prácticas semanais serán recollidas e avaliadas durante o curso, logo serán devoltas ao alumno para incluíla no portafolio final. Se o desexa, o alumno poderá modificar o exercicio co fin de mellorar a nota,. As prácticas ás que o alumno non asistira non serán avaliadas, aínda que sexan incluídas no portafolio. Para aprobar por curso, non se poderá faltar a máis do 10% das prácticas.

O traballo tutelado, que poderá estar integrado en exercicios doutras materias, será corrixido nas sesións de presentación oral e obradoiros de proxecto. O resultado final incluirase no portafolio do alumno a partir do cal será avaliado, sen prexuízo de que existan outras entregas parciais para un mellor seguimento.
Os alumnos que seguiran o curso e non acadaran o nivel mínimo esixido no seu portafolio final, poderán volver a entregalos o día do exame de xuño coas correccións e melloras pertinentes. Neste caso non será necesario que realicen o exame e serán avaliados novamente polo portafolio.
Os alumnos que non sigan o curso poderán presentarse aos exames finais sempre e cando entreguen un portafolio no que se inclúa o 100% das prácticas do curso. Neste caso non se avaliará o traballo tutelado. O exame final abarcará os temas introducidos no curso, pero en maior profundidade, considerando a bibliografía referida como de fonte de información necesaria para superar a proba. Os alumnos que non sigan o curso tan so poderán optar a un aprobado.
É moi recomendable, polo tanto, seguir o curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes