Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
 Asignaturas
  Xestión avanzada do saneamento
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Os profesores exporán en clase todos os temas, apoiándose en presentacións gráficas. A asistencia do alumno formará parte da avaliación.
Saídas de campo Os profesores concertarán visitas de carácter técnico para coñecer sistemas de saneamento integral.
Traballos tutelados O alumno realizará polo menos 1 traballo tutelado consistente nunha solución técnica de deseño mediante o uso de folla de cálculo. Se algún dos alumnos desexa que o traballo de curso sexa útil para o seu proxecto final de carreira os profesores realizarán un especial apoio e seguimento do mesmo.
Proba de resposta breve Os profesores elaborarán unha listaxe de preguntas de solución con respostas breves. Desa listaxe sortearanse as preguntas que os alumnos deberá contestar nun tempo aproximado de 1 hora. As preguntas poden implicar respostas teóricas e/ou numéricas ou de cálculo, así como debuxar un equipo ou pór nomes a elementos dun sistema de tratamento, etc.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes