Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría de Obras Públicas
 Asignaturas
  Lexislación e Proxectos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de ensaio A11 B7 C10 C16 Esta proba refírese ao exame final e só será obrigatoria para aqueles alumnos que non aprobasen a través do sistema de "avaliación continua":
u Descrición: Constará de dous partes. A primeira consistirá na resolución dun test e/ou preguntas curtas, con carácter fundamentalmente teórico. A segunda parte consistirá na resolución de varios exercicios de carácter fundamentalmente práctico, propostos polos profesores da materia.
u Criterios de cualificación: Cada unha das partes deste exame serán puntuadas de 0 a 10. Para poder aprobar a materia sen seguir o proceso de avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes e de 5 na media entre elas.
o Momento e lugar: O determinado pola xefatura de estudos.
0
Solución de problemas A11 B15 C13 C17 C18 o Descrición: En cada un dos bloques os profesores formularán distintos casos practicos ou problemas similares aos realizados en clase, que seran resoltos polos alumnos de forma individual ou colectiva, segundo o caso. Estas probas denominásense practicas de evaluacion continua.
o Criterios de cualificación: O conxunto das probas expostas en cada bloque será puntuado de 0 a 10. Para poder aprobar a materia a través da avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada un destas probas e unha media superior a 5. A cualificación correspondente ás prácticas de avaliación continua será a media aritmética de todas elas. Estas prácticas terán un peso do 50% da nota total do curso, no caso de optar polo procedemento de "avaliación continua".
o Momento e lugar: As prácticas serán realizadas de forma individual ou colectiva, segun indique o profesor, fóra do horario de clase. Entregaranse mediante o envío dun correo electrónico aos profesores da materia antes da data límite que se estableza.
20
Estudo de casos B5 B19 B7 C1 C8 C9 o Descrición: En cada un dos bloques os profesores formularán distintos casos practicos ou problemas similares aos realizados en clase, que seran resoltos polos alumnos de forma individual ou colectiva, segundo o caso. Estas probas denominásense practicas de evaluacion continua.
o Criterios de cualificación: O conxunto das probas expostas en cada bloque será puntuado de 0 a 10. Para poder aprobar a materia a través da avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada un destas probas e unha media superior a 5. A cualificación correspondente ás prácticas de avaliación continua será a media aritmética de todas elas. Estas prácticas terán un peso do 50% da nota total do curso, no caso de optar polo procedemento de "avaliación continua".
o Momento e lugar: As prácticas serán realizadas de forma individual ou colectiva, segun indique o profesor, fóra do horario de clase. Entregaranse mediante o envío dun correo electrónico aos profesores da materia antes da data límite que se estableza.
30
Proba mixta A11 B7 C10 C16 o Descrición: Realizarase unha proba de evaluacion continua por cada dous bloques nos que se ten subdivido a materia. Cada proba consistirá na resolución de varias preguntas curtas ou tipo test, de carácter teórico e práctico, relativas ao contido dos temas tratados en cada un dos bloques.
o Criterios de cualificación: Cada unha destas probas será puntuada de 0 a 10. Para poder aprobar a materia a través da avaliación continua será necesario obter unha puntuación mínima de 4 en cada unha destas probas e unha media superior a 5. A cualificación correspondente ás probas de avaliación continua será a media aritmética de todas elas. Estas probas terán un peso do 50% da nota total do curso, no caso de optar polo procedemento de "avaliación continua".
o Momento e lugar: As probas de evaluacion continua realizaranse na aula, na data e hora establecida polos profesores da materia.
50
 
Observacións avaliación

Esta materia pódese aprobar mediante un sistema de "evaluacion continua" ou mediante unha "proba final de conxunto".

No caso de optar polo procedemento de "evaluacion continua", a nota total sera a suma da obtida nas probas de evaluacion continua e nas práctícas de avaliacion continua, tal e como se describiu anteriormente. Os alumnos que seguisen este procedemento e queiran subir nota poden presentarse á proba final de conxunto.

No caso de optar polo procedemento de proba final de conxunto, as caracteristicas desta proba seran as seguintes:

u Descrición:

A proba final terá dous partes. A primeira parte consistirá na resolución dun exame de carácter teórico, con preguntas tipo test ou preguntas curtas, que supoñerá o 50% da nota da proba final. A segunda parte consistirá na resolución dun conxunto de exercicios adicionais, de carácter fundamentalmente práctico, que supoñerá o restante 50% da nota da proba final.

o Criterios de cualificación: Cada unha das partes será puntuada de 0 a 10. Para poder aprobar a materia a través da proba final será necesario obter unha puntuación mínima de 5 en cada unha das partes e unha nota media entre as dúas partes superior a 5. Cada unha das partes terá un peso do 50% da nota total de curso.

Os alumnos que seguisen o procedemento de "avaliación continua" sen aprobar a asignatura terán que presentarse á proba final para poder aprobar a materia, coas seguintes condicións:

1- Os alumnos que seguisen o procedemento de "avaliación continua" e aprobasen as probas de avaliación continua (puntuación mínima de 4 puntos en cada unha delas e puntuación media entre todas elas superior a 5) poderán presentarse unicamente á segunda parte do exame final. Neste caso, a nota de curso será a media entre a obtida nas probas de avaliación continua e a segunda parte do exame final, sempre que esta última puntuación sexa superior a 5.

2- Os alumnos que seguisen o procedemento de "avaliación continua" e aprobasen as prácticas de avaliación continua (puntuación mínima de 4 puntos en cada unha delas e puntuación media entre todas elas superior a 5) poderán presentarse unicamente á primeira parte do exame final. Neste caso, a nota de curso será a media entre a obtida nas prácticas de avaliación continua e a primeira parte do exame final, sempre que esta última puntuación sexa superior a 5.

o Momento e lugar: O determinado pola xefatura de estudos.

Cualificación final: No caso de optar pola proba final, a cualificación da materia será a media aritmética da puntuación obtida en ambas as partes, sempre que se cumpran os requisitos esixidos en cada unha delas. Para aprobar a materia esíxese unha cualificación final igual ou superior a 5.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes