Nesta asignatura recollense contidos específicos do campo da Fisioterapia coa a fin de que os alumnos adquiran unha visión ecléctica dos diversos métodos e técnicas para o diagnóstico e a terapéutica propostas por diversas escolas e autores do campo das terapias manuais. As terapias manuais no seu conxunto, incluindo a osteopatía, constituen un conxunto de procedementos de intervención clínica orientados á detección e tratamento das alteracións biomécanicas que afectan o aparello locomotor e nas que o meirande síntoma e a dor.
O paradigma que encuadra estes procedementos artellase nunha visión holística da función corporal, na existencia dunha relación recíproca entre a estructura e a función corporais mediada polo sistema nervoso central e na interpretación da dor de costas e lombo dentro dun modelo biopsicosocial.
O alumno, deberá coñecer os fundamentos teóricos dos diferentes métodos e técnicas e o seu campo de aplicación na clínica, asemade adquirirá as habilidades psicomotrices manuais necesarias para executar, con precisión profesional, as intervecións manuais necesarias para poder ensaiar esta modalidade de terapia. Deberá coñecer o proceso de evaluación previo a terapia manipulativa, os métodos terapéuticos, a sua fundamentación científica, as fases de execución e aplicación das manipulacions en todas as súas variantes, dominando un número de técnicas seleccionado que lle permitan abordar a meirande parte dos trastornos do aparello locomotor que sexan susceptibles de beneficiarse desta modalidade terapéutica.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías