Guía DocenteCurso
Facultade de Fisioterapia
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Fisioterapia
 Asignaturas
  FISIOTERAPIA NAS DISFUNCIÓNS DO APARELLO LOCOMOTOR
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A2 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A16 C1 C3 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, cuxo trazo distintivo é a posibilidade de determinar se as respostas dadas son ou non correctas. Constitúe un instrumento de medida, elaborado rigorosamente, que permite avaliar coñecementos, capacidades, destrezas, rendemento, aptitudes, actitudes, intelixencia, etc. É de aplicación tanto para a avaliación diagnóstica, formativa como sumativa.

A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Asimismo, en esta prueba se valorará la parte correspondiente al estudio de casos
25
Traballos tutelados A2 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A16 C1 C3 Realizaranse tres traballos relacionados con algún dos apartados dos temas do programa . Os pasos a seguir son: selección do tema, documentación, guión xeral, sesións periódicas co profesor para o seguimento, preparación da presentación e exposición na aula…. 50
Estudo de casos A2 A6 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A16 C1 C3 Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. 25
 
Observacións avaliación

Para superar a matería é imprescindible acadar un 5 na proba obxectiva e ademaís será obrigatorio realizar cada un dos portafolios para proceder a suma das diferentes probas é
acadar a nota final da avaliació.

A ponderación da nota será como sigue: o 70% corresponde a parte de traumatoloxía e o 30% a parte de razoamento clínico aplicado a reumatoloxía e as os procesos crónicos. A suma das notas acadadas nas probas obxectivas das duas partes serán o 50% da nota. O 50% da nota restante corresponderá a o portafolio do alumno

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes