Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares e Socioeducativa
 Asignaturas
  Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A5 A8 B1 B2 B3 B10 B12 B13 B14 B15 B17 C3 C6 C7 C8 Recopilación dos traballos realizados na aula e reflexión final sobre as aprendizaxes da materia 50
Proba mixta A5 A8 B1 B2 B7 B10 B12 B14 B15 B17 B18 Proba escrita de síntese das aprendizaxes adquiridas na aula 40
Presentación oral A8 B1 B2 B7 B14 B15 B17 Presentación oral dos traballos realizados na aula 10
 
Observacións avaliación

ASISTENCIA

  • A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria.
  • O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala na seguinte sesión.
  • Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia, terá unha cualificación de non presentado na primeira oportunidade. A asistencia xustifícase en base a que unha boa parte das actividades de avaliación desenvolvense na aula. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico e práctico. Tamén se poderá acordar a realización dalgunhas actividades.
  • Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial poderán acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para isto, cómpre solicitar unha titoría, antes ou inmediatamente despois do inicio da materia, co obxecto de establecer as actividades de avaliación e o proceso de supervisón e seguemento.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

  • A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas tres actividades de avaliación:
  • Portafolio do alumnado (5 puntos)
  • Proba mixta (4 puntos)
  • Presentación oral (1 punto)
  • Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación en cada unha das tres actividades. Cando non se realice algunha das tres actividades a cualificación será non presentado. Na segunda oportunidade deberán de facerse as actividades de avaliación non superadas.
  • O portafolio do alumnado é unha actividade individual e conterá os seguintes apartados:
  • Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín, en qué seguir formándome)
  • Relación/vinculación coas distintas materias do mestrado.
  • Aplicación dos contidos da materia na elaboración do TFM
  • Achegas da materia para a observación e análise durante o Practicum
  • Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar

FALTA DEINTEGRIDADE ACADÉMICA: Ausencia decitación de fontes

  • As citas e referencias a calquera tipo de texto deben declararse. O uso de texto literal ou ideas doutros autores ou autoras parafraseadas sen declarar supón o suspenso do traballo en aplicación do artigo 14.4 da Normativa académica de avaliacións, cualificacións e reclamacións, aprobada polo Consello de Goberno do 19 de decembro de 2013, que establece “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"
  • Os contidos incluídos nos traballos deben estar referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as normas APA 6ª edición. O texto literal debe declararse usando as normas APA 6ª edición. No parafraseo deben figurar as fontes orixe das ideas que se re-elaboran.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades da avaliación será motivo de suspenso.

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

COPIA NOS EXAMES: O uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS ERECLAMACIÓNS

https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes