Con esta materia preténdese abordar a estreita relación entre a saúde e o coñecemento científico.
Trátase de coñecer os contidos básicos de carácter científico sobre o corpo humano e a saúde, identificando os factores que inflúen na súa mellora ou deterioro. Ademais, os coñecementos científicos achegaran argumentos para coñecer a responsabilidade individual e colectiva na adopción de hábitos de vida saudábeis, e para mellorar a toma de decisións sobre temas relativos ao noso corpo e ao medio no que nos desenvolvemos.
Tamén abordaremos o papel que debe xogar a escola no desenvolvemento deses hábitos saudábeis e na xeración de actitudes positivas cara a súa inclusión na Educación Infantil, valorando a importancia deste tema na formación integral dos escolares.
Finalmente pularase pola reflexión e o debate sobre as ideas, crenzas, hábitos e conductas relativas á saúde, tanto a nivel persoal como comunitario, para así consolidar e comprender a base científica das máis saudábeis e rexeitar as que inflúen negativamente na saúde. Desenvolveremos actividades basadas no traballo autónomo e en equipo, co obxectivo de potenciar os procesos de metacognición, a aprendizaxe entre iguais e o traballo cooperativo.
(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.