A asignatura de RELIXION, CULTURA E VALORES ofrécese como optativa a todos os alumnos do Graos de Infantil, como parte da formación necesaria para a habilitación de profesor de Relixión Católica.
As competencias a que se accede con esta asignatura son: o coñecemento das relixións e do cristianismo en particular, os criterios para comprender os conflitos e problemas interculturais e interrelixiosos e o achegamento académico ás orixes do cristianismo e a relixiosidade popular galega.
Na Facultade de CC. da Educación da UDC ofrécese un Curso específico de Posgrao de Experto en Teoloxía Católica e a súa Didáctica, que concederá os créditos necesarios para a obtención da DECA, Declaración Eclesiástica de Competencia Académica, requisito indispensable para ser profesor de Relixiión Católica en Infantil e Primaria.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías