Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
Grao en Educación Primaria |
Asignaturas |
Historia da educación |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Historia da educación | Código | 652G02006 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | A8 A9 A10 B1 B3 B16 B17 B21 | Baséase na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. | 10 |
Traballos tutelados | A9 A8 B1 B3 B8 B10 B12 B15 B16 B23 B24 B25 C1 C6 C7 C8 | Para avaliar esta metodoloxía teranse en conta os seguintes aspectos: ELABORACIÓN: - Estrutura: aspectos formais, organización do contido, claridade expositiva e corrección gramatical. - Contido: Comprensión de ideas básicas, dominio conceptual, búsqueda e uso de distintas fontes complementarias e actuais. EXPOSICIÓN: - Orden na exposición. - Relevancia e organización dos contidos expostos. - Coordinación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). - Nivel de comprensión dos contidos básicos. - Claridade expositiva e corrección lingüística. - Creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...) - Uso de recursos... Entregarase e expoñerase na data que se indique. É condición indispensable facer o anterior para presentarse a proba de ensaio. |
20 |
Recensión bilbiográfica | B1 B3 B9 B15 B16 C1 | Proceso de lectura crítica dun libro elexido polo alumnado entre os ofertados pola profesora. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. Facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo. | 10 |
Presentación oral | B24 B23 B22 B17 B16 B15 B12 B11 B9 B8 B3 B1 C6 C1 | Exposición de traballos realizados, individuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática invesigada, documento ou experiencia abordada | 10 |
Proba de ensaio | A8 A9 A10 B1 B3 B8 B9 B15 B16 B23 C1 | A proba de ensaio, de carácter individual, utilizada para a avaliación da aprendizaxe o remate do curso consistirá en dar resposta ás cuestións prantexadas que implicarán un tratamento global e integrado dos contidos abordados ao longo da materia. Valoraránse as respostas concretas e precisas, asi como a utilización de fontes (apoio na documentación achegada así como noutras lecturas realizadas) que favorezan un discurso coherente e razoado. A súa realización terá lugar segundo calendario oficial. |
50 |
Observacións avaliación | |||
GRUPO A Mª Dolores Cotelo Guerra 1. OPCIÓNS DE AVALIACIÓN Atendendo ó traballo e á participación do alumnado na materia, a avaliación contempla dúas opcións: Opción A: No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de maio e só se repetirá a proba escrita, gardándose as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra, dentro do mesmo curso académico. Opción B: Para o alumnado que non asiste/participa nas actividades de aula (asistencia inferior ao 85%), e con recoñecemento por parte do Decanato da Facultade de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, No caso de que a avaliación resulte negativa ó final do cuadrimetre, a 2. OBSERVACIONS ADICIONAIS: - Para superar a materia é imprescindible presentar todas as actividades e prácticas propostas ademáis de realizar a proba de ensaio. De faltar algunha actividade ou práctica non hai opción a facer a proba escrita e por tanto, a materia quedará pendente para xullo, figurando na Acta como Non Presentado/a. - O alumnado da opción A que non forme parte de ningún grupo de traballo ou non asista regularmente as clases pasará a ser considerado na opción B. - - Ao longo do 2º cuadrimestre pode haber actividades de carácter científico e/ou divulgativo relacionadas coa materia que a docente considera oportuna a súa asistencia ainda que estén programadas fora do horario da materia, pero dentro do horario lectivo xeral. Nese caso, o alumnado será avisado con antelación para que poida asistir. Estas actividades computarán na evaluación. - O alumnado repetidor da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto ca profesora antes do 15 de febreiro do presente curso académico para que lle indique, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. De non facelo, terán a mesma consideración que os matriculados na Opción A. En calquera caso e unha vez comunicada á profesora a súa situación, establecerase unha proba oral ou escrita, segundo os casos, con carácter obrigatorio para todos o final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final. O outro 50% corresponderá ós traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumnado. Grupo B Narciso A planificación horaria, a metodoloxía docente, a bibliografía e os documentos que se utilizarán para o desenvolvemento do temario serán especificados no programa que se entregará a comezos do curso. A avaliación final será o resultado da nota obtida no exame (70%) e da implicación e participación nas clases e nos traballos en equipo (30%). En todo caso, para aprobar a materia será imprescindible superar o exame final. Ou o que é o mesmo: só a partir dun cinco no exame final se sumará a esta cualificación a que corresponda en función dos outros conceptos. O alumnado que por motivos xustificados non poida asistir normalmente a clase deberá comunicalo ao profesor antes do 15 de febreiro. |
|