Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Primaria
 Asignaturas
  Educación matemática I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe servizo A38 A39 A40 A41 A42 B25 B24 B23 B22 B21 B19 B18 B15 B12 B11 B10 B9 B5 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C7 C8 Terase en conta a dificultade do tema elixido, a metodoloxía seguida na súa realización, a exposición dos resultados atopados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. 25
Prácticas de laboratorio A38 A39 A40 A41 A42 B1 B2 B3 B4 B5 B8 B9 B11 B12 B15 B18 B19 C1 C3 C6 C7 C8 Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas,... 10
Proba mixta B2 B3 B4 B8 B9 C1 Valorarase a exposición e argumentación realizada en cada unha das probas. 45
Presentación oral B3 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C3 Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 10
Foro virtual A41 B3 B4 B5 B8 B9 B12 B15 B18 B19 B22 C1 C3 C4 C6 C7 Cada estudante proporá un foro de debate, ao redor dunha noticia ou evento e participará en foros propostos por outros estudantes. 3
Recensión bilbiográfica A39 A42 B1 B3 B4 B9 B15 B18 C1 C4 Cada estudante debe elixir un libro de lectura apropiado para un estudante de Educación Primaria e analizar o seu contido matemático e tamén propor actividades dobre este libro, para realizar na aula. 7
 
Observacións avaliación

Non se admite a dispensa
académica de exención de docencia.

As faltas de ortografía nos
traballos e materiais presentados reducirán a puntuación final.

Se no exame final (Proba mixta)
non se acada unha nota mínima de 4 sobre 10, non se fará media cos traballos
e a nota final da materia será a do exame.

Os test de cada un dos temas son
optativos. Se o estudante os realiza, e a media dos 7 test é igual ou superior
a 5, incrementará ata 1 punto a nota final do estudante, sempre que a
cualificación de cada unha das demais metodoloxías sexa igual ou superior a 5,0
(sobre 10).

Na oportunidade de xullo a
avaliación farase do mesmo modo que no exame de maio.

O estudante que non asista presencialmente
ao 80% das sesións de aula, non será avaliado mediante o sistema anterior. Será
avaliado mediante un exame final (80%) e a realización dos test de cada tema
(20% a media dos 7 tests), constituíndo esa nota conxunta a cualificación final
da materia.

Se o estudante non asiste ao 80%
das sesións de aula e realiza os traballos programados Aprendizaxe-Servizo,
Presentación oral, Foro virtual e Recensión bibliográfica), estes suporán en
conxunto o 20% da cualificación final, a media dos test outro 20% e o exame o
60%. Se no exame non se acada un 4, para a avaliación non se terán en conta
os traballos, soamente contará o exame (80%) e a media dos 7 test (20%).

Cada estudante debe colocar
no seu perfil de usuario de Moodle unha foto que o identifique.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes