Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de avaliación de programas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A6 A11 A13 A14 A19 A21 B1 B2 B3 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Durante o mes de marzo presentarase a materia da materia e terase que ler unha serie de materiais.
A principios de abril realizarase unha proba mixta do exposto nas clases maxistrais do mes de marzo e da lectura de documentos. Este exame será unha proba obxectiva constará de dúas partes:
- preguntas de elección de resposta, curtas ou de relación sobre a parte exposta nas clases maxistrais
- preguntas de elección de resposta, curtas ou de relación sobre os materiais a ler por parte do alumnado.
Hai que aprobar as dúas partes para aprobar a materia.
60
Obradoiro A6 A13 A14 A21 B2 B6 C1 C2 C3 Durante o último mes o alumnado matriculado deberán realizar unha avaliación dun proxecto social.
Para iso deberanse cumprir unha serie de requisitos:
+formar grupo de 8 persoas e indicar que proxecto social van avaliar. Isto débese presentar en clases o día que marcará o profesor na clase. A asistencia a esta clase é obrigatoria baixo ningún concepto xustifícase a ausencia. Persoa que falte inmediatamente elimínase desta parte de traballo.
+Un día o profesor na clase presentarase as fichas que debe elaborar o alumno para asistir ás titorías e que debe presentar no traballo final.
+cada grupo debe asistir a tres titorías. A asistencia a esas titorías son obrigatorias senón se asiste suspende este obradoiro.
Os días de titoría están marcadas na cronoloxía da materia. O grupo pode marcar dos dous días presentados a hora e día que queira. Iso se debe vir todo o grupo (é dicir, os 8 membros)
A avaliación do obradoiro contará a partes iguais:
-asistencia a tutorias
-defensa das fichas das titorías por cada un dos membros do grupo
-a redacción do traballo final
Se se incumpre algunha destas condicións automaticamente queda eliminado o obradoiro e non se obtén ningún dos 50 puntos. Hai que aprobar as tres partes do obradoiro para aprobar este.
40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é preciso ter aprobadas as dúas actividades de avaliación.

O alumnado que por motivos xustificados non poda asistir con regularidade (80%), terá que concertar unha titoría para concretar a modalidade de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes