Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Desenvolvemento cognitivo. social e da personalidade
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Será realizada de forma obxectiva con resposta de verdadeiro-falso sobre 40 preguntas na data oficial aprobada pola Xunta de Facultade.
Sesión maxistral O profesor presentará os contidos de cada unidade apoiado nunha presentación visual e determinados documentos gráficos sobre os que desenvolver os mesmos
Solución de problemas O alumnado deberá traballar a solución de problemas sobre casos presentados na clase do que terán que entregar un informe en forma de ensaio científico en grupos de 4.
Proba de ensaio Será realizada n último día lectivo de clase sobre unha proposta a desenvolver en forma de ensaio científico de forma individual e podendo consultar as fontes de información para elo. Avaliarase segundo os criterios internacionais de informe científico.
Lecturas Serán traballadas individualmente e en grupo podendo ser presentadas na clase en forma de exposición e debate.
Seminario Serán actividades a debatir e razonar na clase sobre casos expostos ou visualizacións sobre o que determinar os contidos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes