Guía DocenteCurso Escola Universitaria de Enfermaría (C) |
Grao en Enfermaría |
Asignaturas |
Estancias Clínicas VI |
Metodoloxías |
|
|
|
Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Estancias Clínicas VI | Código | 661G01030 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Prácticas clínicas | Proceso instruccional que ten lugar en institucións sanitarias nas que os estudantes observan e participan nas actividades clínicas, co fin de proporcionarlles as oportunidades que supoñan a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica enfermeira. O proceso de aprendizaxe nesta materia baséase na realización dun rotatorio de prácticas nunha unidade de atención a muller (ou diada nai fillo/a) no proceso de xestación, parto e posparto. Desenvólvense no 1º cuadrimestre do cuarto curso e teñen como finalidade capacitar aos estudantes para identificar os problemas de saúde das mulleres (díada nai-fillo/a) e colaborar na planificación, execución e avaliación dos coidados aplicados a ditas persoas e as súas familias. Os rotatorios clínicos realizaranse no Complexo Hospital Universitario da Coruña-Teresa Herrera ou centro de saúde. As prácticas realizaranse en quendas rotatorias de maña e tarde. |
Solución de problemas | Actividade encamiñada a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes na que éstes seleccionan unha situación clínica concreta co fin de valorar, identificar e planificar os problemas de saúde que será exposta verbalmente, aos outros estudantes e ó profesor. |
Presentación oral | Actividade na que o estudante expón verbalmente, ós outros estudantes e ó profesor, a resolución da situación clínica seleccionada. |
Actividades iniciais | Actividades que se leva a cabo antes do inicio das prácticas clínicas no entorno hospitalario. Realizarase unha sesión na aula na que se especificarán tódolos aspectos necesarios para o correcto desenvolvemento da materia. |
|