Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
 Asignaturas
  Relacións Literarias no Espazo Galaico-Portugués: Séculos XVI e XXI
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario.
Segundo a porcentaxe derivada do seu tipo de matrícula, o alumnado deberá asistir ás aulas teóricas presenciais en que se presentarán conceptos e estratexias cuxo coñecemento será exixido para a superación do curso.
Lecturas Realización dunha serie de lecturas, relativamente breves, previamente seleccionadas polo docente e relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario.
Traballos tutelados Realización dun breve estudo relacionado cos asuntos abordados no seminario. Este traballo poderá ser realizado de maneira individual ou colectiva e será executado de acordo coa planificación (canto a prazos, objetivos, procedementos, estrutura, fontes, etc) realizada polo profesor no inicio do seminario.
Discusión dirixida Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais. Previamente, deberán preparar as discusións patenteando as súas argumentacións no espazo de traballo colaborativo on-line.
Presentación oral Exposición oral ao conxunto da turma dos resultados do traballo tutelado e/ou de unha lectura breve atribuída de entre a listaxe fornecida polo profesor no início das sesións. Durante esas presentacións orais, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario.
Proba de ensaio O alumnado deberá superar unha proba escrita ao final do cuadrimestre.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes