Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
 Asignaturas
  Relacións Literarias no Espazo Galaico-Portugués: Séculos XVI e XXI
   Atención personalizada
Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Presentación oral
Proba de ensaio
Descrición
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel polo seminario, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización do Traballo Tutelado, das Lecturas, da Exposición Oral e da Proba Mixta. De maneira xeral, cada alumno/a asistirá polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición da leitura e/ou a entrega do traballo.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico ou das ferramentas TIC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes