Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Patrimonio Cultural: A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
 Asignaturas
  Lingua Portuguesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tutelado será avaliado cun 15% da cualificación final.
Para a súa avaliación terase en conta tanto os resultados do mesmo como a entrega nos prazos determinados e a realización das sesións de atendemento personalizado que foren marcadas.
15
Proba obxectiva Os exercicios especiais de avaliación (orais ou escritos) proporcionarán o 40% da cualificación final. 40
Presentación oral A presentación oral do traballo tutelado e cantas foren realizadas durante o curso será avaliada cun 15% da cualificación final. 15
Discusión dirixida Serán avaliadas tanto a correcta preparación como a participación activa nas discusións dirixidas. 10
Análise de fontes documentais A participación activa na análise de documentos audiovisuais ou bibliográficos como instrumento de aplicación de estudo de casos será avaliada cun 10% da cualificación final. 10
Estudo de casos As actividades de estudos de casos (recoñecemento de variedades lingüísticas, defrontamento de situacións comunicacionais concretas, debates sobre a adaptación das solucións fornecidas polos participantes á situación proposta etc.) serán avaliadas cun 10% da cualificación final. 10
 
Observacións avaliación

Avaliarase una serie de pequenos traballos tutelados (de fonética, morfosintaxe, léxico, semántica...) que serán expostos oralmente ora nas sesión presenciais, ora nas de atención personalizada. Realizaranse igualmente as probas escritas e/ou de laboratorio que se consideraren necesarias.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá participar através de ferramentas de comunicación asíncrona.

En xullo o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior, incluída a proba de ensaio. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunha das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes