Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica (plan 2012)
 Asignaturas
  Ampliación de hidrostática e hidrodinámica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados B1 B4 B7 C1 A calificación do traballo tutelado representará un máximo dun 30% sobre a nota de cada unha das partes da asignatura, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva". 30
Solución de problemas B6 B2 A calificación destes problemas representará un máximo dun 10% da nota, sempre e cando a calificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" 10
Proba obxectiva B2 B5 B6 Unha proba obxectiva que consistirá nun examen que se dividirá en duas partes:

1.- Hidrostática
2.- Hidrodinámica

Cada unha de estas partes dividirase a súa vez en Teoría e Práctica.

Para poder aprobar a materia haberá que ter alo menos un 4 (sobre 10) en cada unha das partes citadas (Teoría e Práctica).

A parte de Teoría terá unha valoración de entre o 35% e o 65% do total e a de Práctica o 65% ou o 35% do total respectivamente, a definir ó comezo do curso, e farase público a través de Moodle e nas clases presenciais.

A valoración de cada unha de esas partes será.

1.- 50 % do total
2.- 50 % do total

Haberá, adicionalmente aos exames finais, uns exames parciais de cada unha das partes antes sinaladas.

Todo estes exames serán liberatorios, pero esta liberación só terá valor ata o remate do curso académico correspondente. En ningún caso esta liberación será válida para a proba da convocatoria extraordinaria de decembro.

A LIBERACIÓN DAS PARTES SO SE PODERÁ FACER DE FORMA CONXUNTA PARA CADA PARTE, POLO TANTO, NON SE LIBERARÁ DE FORMA INDIVIDUALIZADA TEORÍA E PROBLEMAS DE CADA PARTE.

A cualificación máxima desta proba obxectiva será dun 50 % da nota final do alumno.
50
Prácticas de laboratorio B2 C1 A cualificación destes problemas representará un máximo dun 10% sobre a nota da asignatura, a condición de que a cualificación das probas obxectivas sexa superior a un 4, como se pode apreciar no apartado de "Proba obxectiva" 10
 
Observacións avaliación
Dado
que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os
requisitos que aqueles alumnos con dispensa de asistencia a clase terán
que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade, serán os
mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non
ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado,
nin a asistencia ás prácticas de laboratorio, nin a memoria destas
prácticas.



Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán
realizar un exame de prácticas, cuxa cualificación corresponderase cun 10 %
do total, e deberán responder a unha serie de preguntas orais sobre o
traballo tutelado, que contabilizarán na valoración do mesmo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes