Guía DocenteCurso
Escola Politécnica Superior
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica
 Asignaturas
  Mecánica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A13 B1 B2 B3 B6 C2 C5 É unha proba escrita que consta de 2 partes, teoría (40%) e problemas (60%).
Na parte de teoría valóranse a exposición razonada dos fundamentos teóricos da materia e a súa aplicación a cuestións concretas.
Na parte de problemas valórase tanto a formulación como o desenvolvemento da solución.
A cualificación desta proba na primeira oportunidade será a media de dúas probas parciais: a primeira (temas 1-7) na metade do cuadrimestre e a segunda (temas 8-13) ao finalizar o cuadrimestre.
O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade poderá realizar unha proba final (temas 1-13) no período da segunda oportunidade.
As datas destas probas serán as que figuran no calendario de exames aprobada polo centro.

90
Eventos científicos e/ou divulgativos B1 B2 B3 B6 C2 C5 Poderase valorar a asistencia a eventos divulgativos, conferencias, seminarios, etc, que o profesorado da materia estime de interés para acadar as competencias da materia. 0
Traballos tutelados A13 B1 B2 B3 B6 C1 C2 C5 Poderase considerar a realización de un traballo tutelado no que se premiará a orixinalidade e penalizarase a copia de resultados ou do método utilizado.
No caso de ser proposta esta actividade, cada estudante de xeito individual ou por grupo, segundo estableza a profesora, deberá entregar o seu informe no prazo establecido e asistir ás titorías que se establezan como obrigatorias. En caso de non cumprir estas condicións o traballo puntuarase como 0.
5
Solución de problemas A13 B1 B2 B3 B6 C1 C2 C5 Resolución de xeito individual ou por grupos de unha situación problemática concreta a partires dos coñecementos que se traballaron nas clases maxistrales. 5
 
Observacións avaliación

Soamente serán cualificados
como NON PRESENTADO os alumnos que non concorran a ningunha das 2 probas mixtas ( exames parciais).

O bloque constituido por "Solución de problemas"  "Eventos Científicose/ou divulgativos"  e "Traballos tutelados" considérase parte das actividades para a avaliación contínua e, en conxunto, contribuirán ao  10% na avaliación global da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes