Guía DocenteCurso
Facultade de Enfermaría e Podoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Podoloxía
 Asignaturas
  Podoloxía Deportiva
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A19 A20 B3 B9 B12 C1 Cada seminario acompañarase dunha actividade que elaborará o alumnado de maneira individual ou en grupo e entregar en tempo en forma tal e como estará descrito no apartado correspondente da materia na facultade virtual da UDC. En cada actividade especificarase o obxectivo da mesma e a súa puntuación correspondente.
Para que as actividades sexan cualificadas e computen na cualificación final o alumnado debe asistir e participar nos seminarios, fóra dos alumnos/as matriculados a tempo parcial
20
Prácticas clínicas A22 A23 B3 B14 B18 B19 C1 Asistencia obrigatoria ao 100% das prácticas para todo o alumnado en calquera modalidade de matrícula. Na cualificación das prácticas clínicas terase en conta a aplicación dos coñecementos á práctica, especialmente os relacionados coa exploración e análise podolóxico do deportista, así como o diagnóstico, planificación de tratamentos e seguimento dos pacientes tratados. 10
Proba mixta A19 A20 A22 A23 B12 Proba escrita na que se combinarán preguntas de resposta obxectiva tipo resposta múltiple, ordenación ou relación de contidos, con preguntas de resposta aberta orientadas estas últimas á resolución de cuestións relacionadas con aspectos clínicos (diagnóstico, tratamento, etc.) de afeccións podolóxicas asociadas á práctica deportiva. A puntuación das preguntas especificarase na normativa que se adxunta ao exame.

Para superar a materia, á marxe das cualificacións obtidas noutras metodoloxías, é necesario obter un 50% da puntuación total desta proba.
70
 
Observacións avaliación
  1. As cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non presentarse ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificacións das prácticas clínicas e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
  2. En segunda e sucesivas matrículas non computarán as cualificacións dos cursos anteriores
  3. A cualificación de Non Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta ou non realice o 100% das prácticas clínicas.
  4. A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis alumnos/as con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecido, convocarase a todos os alumnos/as para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/as. En caso de non existir ningún alumno/a con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.0, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor se reserva a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
  5. Alumnado en matrícula parcial: O alumnado en matrícula parcial debe de comunicalo obrigatoriamente ao profesor responsable da materia ao comezo do curso. Para este alumnado é obrigatorio ao 100% a realización da práctica clínicas. A cualificación dos seminarios pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o alumno/a realizará de forma autónoma.
  6. Oportunidade adiantada de avaliación: O alumnado que se atope nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC disporá desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes