Proba mixta |
A6 B1 B2 C1 C6 |
Proba escrita que inclúe resolución de problemas e cuestións breves (referentes tanto a contidos teóricos como ás prácticas de ordenador) |
75 |
A cualificación final da materia consta de
tres partes: - a cualificación das prácticas de laboratorio mediante entregas: NP (entre 0 e 0.5)
- a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7.5), do cal 0.5 corresponden a proba final de prácticas de laboratorio e 7 puntos da proba final teórico-práctica
- a cualificación dos seminarios: NS (entre 0 e 2), dos cales 1 punto corresponde a entregas e 1 punto a proba parcial.
A cualificación final será a suma de NP+NE+NS, isto soamente sucederá no caso no que se cumpran as seguintes condicións: - as ausencias inxustificadas nos seminarios non superen o 20% e
- a cualificación da proba mixta NE sexa maior que 2. 65
En caso contrario, a cualificación final será a nota obtida na proba mixta NP (7.5 como máximo). Tanto as cualificacións NP como NS conservaranse na segunda oportunidade de avaliación.
De querer avaliarse únicamente cunha proba mixta puntuada de 0 a 10 o alumno terá que solicitalo explícitamente a principios de curso antes de que se realice calquera das probas de avaliación continua de laboratorio ou seminarios. De ter feito algunha das entregas ou realizada a proba parcial non se poderá renunciar á avaliación continua.
No caso do alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica, a cualificación constará de: - a cualificación dunha memoria de prácticas de ordenador: NP (entre 0 e 0.5)
- a cualificación da proba mixta: NE (entre 0 e 7.5)
- a cualificación dun traballo aplicado a un problema real da Enxeñaría: NS (entre 0 e 2)
A cualificación final será a suma de NP+NE+NS para o alumnado matriculado a tempo parcial con dispensa académica.
|