Guía DocenteCurso
Escola Universitaria Politécnica
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática
 Asignaturas
  Electrónica Dixital
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 Haberá 3 probas parciais a realizar individualmente por cada alumno.
A primeira realizarase unha vez explicados os 3 primeiros temas. Suporá un 15% da nota final.
A segunda proba realizarase unha vez explicados os temas 4 e 5. Suporá un 15% da nota final.
A terceira proba realizarase coincidindo co exame final da 1ª oportunidade. Esta proba suporá un 20% da nota final.
50
Simulación B1 B5 Exercicio de deseño a resolver individualmente con software do laboratorio. A realización desta proba é imprescindible para optar ao aprobado na 1ª oportunidade.
Esta proba realizarase ao final do cuadrimestre e suporá un 50% da nota final.
50
 
Observacións avaliación

As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso académico no
que se realicen.

As
probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test,
resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.

Nota final

A
nota final calcularase, en xeral, como:

Nota
Final =0,15 x Nota proba obxectiva 1 + 0,15 x Nota
proba obxectiva 2 + 0,2 x Nota proba obxectiva 3 + 0,5 x Nota
Simulación

Aqueles
estudantes que non tivesen calificación nalgunha das 2 primeiras probas
obxectivas, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a
3ª proba obxectiva cun peso do 50% (a proba será distinta neste caso). Neste
suposto a nota final será:

Nota
Final=0,5*Nota proba obxectiva 3 +0,5 x Nota Simulación

Segunda
oportunidade

Na
segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de
cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario,  exercicios escritos e  de
deseño de circuitos co software ISE. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes